Con esta información pretendemos que os alumnos, especialmente os que se incorporan ao centro, teñan a maior información posible sobre algúns recursos que este lles ofrece.

o Conexión a Internet: equipos no Hall de acceso.

o Wifi en todo o Centro e na cafetería.

o Fotocopiadora para uso de alumnos, con tarxeta recargable na Conserxería.

o Estudos de ensaio. Solicítanse na Conserxería do centro (na medida do posible tamén se posibilitará o estudo nas aulas).

o Biblioteca con servizo de préstamo (ver horario na web).

o Becas Erasmus. Posibilidade de acceder a Becas Erasmus en máis dunha ducia de países e unha treintena de centros musicais europeos.

o Concursos de Solista. Celébranse anualmente e dan dereito a tocar un concerto de solista coa Orquestra ou a Banda do centro, a Banda Municipal da Coruña ou a Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia.

o Cafetería. Aberta todos os días.

o Páxina web: Nela atoparanse todas as noticias do centro actualizadas, cursos, concertos, información académica, etc.