• 981141295
  • cmus.coruna@edu.xunta.es

Marta Sancho

MARTA SANCHO ANDRÉS (CLARINETE)

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Zaragoza en 1998, acada ao ano seguinte o Título Superior de Clarinete no Conservatorio Superior de Música de Aragón da man de Emilio Ferrando e Alicia Lluquet, formando parte neses mesmos anos da Banda Sinfónica de Aragón. Asiste a clases de perfeccionamento con Javier Balaguer, e a cursos de clarinete e música de cámara con José Tomás, Vicente Penarrocha, Silvie Hue, Juan Ferrer, Carlos Gálvez (clarinete baixo), Rupert Fankhauser, Klaus Maetzl, Olga Semoushina, Jorge Robaina, David Quiggle, Cecilio Tieles, Anna Puig e Imre Rohmann, entre outros. No ano 2016 realiza o Máster de Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid, recibindo clases de Vicent Alberola.

Cofundadora tanto do Trío Kulmann (2005) como do Trío Erkel (2008), Cuarteto de clarinete e cordas Scherzando (2013), Dúo de clarinete e piano Marta Sancho e Brais González (2014) e M.Sancho Quartet (2015), participa con todos eles en ciclos de concertos de música de cámara por toda a xeografía española.

A nivel orquestral, forma parte da Orquestra Sinfónica Vigo 430 durante 13 anos (2005-2018) e participa con ela en numerosos concertos, contándose nalgúns deles con solistas da talla de Paquito D’Rivera, Pepe Rivero, Christophe Coin, Nicolas Dautricourt, Gordan Nikolic, David Quiggle, Alexis Cárdenas, Margarita Escarpa, e Anna Fedorova entre outros.

A súa experiencia como docente comeza no ano 1999 no Conservatorio Profesional de Tarazona, para continuar dende 2001 ata 2018 no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Dende 2018, é catedrática de clarinete no Conservatorio Superior de A Coruña.