• 981141295
  • cmus.coruna@edu.xunta.es

Fernando Llorca

Fernando Llorca

Fernando Llorca

Fernando Llorca, baterista e compositor vigués. Realizou estudos no Taller de Músicos de Barcelona e amplía coñecementos jazzísticos co baterista norteamericano Billy Hart. Recibe clases de combo da man dos mestres Richie Beirach, Dave Liebman, Ron McClure e Bill Dobbins.

Inicia a súa carreira artística cara a finais dos anos 70. Durante ese período, participa en calidade de membro fundador de dúas formacións pioneiras no seu xénero en Galiza: Outeiro (1979) e Clunia Jazz (1982).

Durante os anos 80 e 90 mantén unha constante actividade con Clunia e diversas formacións de prestixio por todo o panorama español. É tamén galardonado pola súa participación con Clunia e María João Quinteto no Festival Jazzaldia e no programa de TVE “Jazz entre amigos”.

Ao longo deses anos traballou con destacados artistas e formacións de jazz: Gary Smulyan Quartet, Paolo Fresu, Thomas Chapin Quartet, Joe Fonda Trio, María João Quinteto, Mike Rabinowitz Quartet, Jorge Pardo Cuarteto, Chano Domínguez Trío, Jean Luc Vallet, Joachim Kühn, Perico Sambeat, Jordi Bonell Quartet, Kenny Wheeler, Pedro Ruy-Blas Cuarteto, Andrzej Olejniczak Quartet, Scott Hamilton, entre outros.

Conta cun disco da súa propia formación e participou en numerosas grabaciones, tanto como intérprete solista e como acompañante.

Durante a súa carreira profesional, sempre mantivo unha constante actividade pedagóxica. Deu clases privadas a unha multitude de alumnos de toda Galiza. Tamén realizou cursos, seminarios e concertos didácticos.

Dende o ano 2007 desenvolve o seu traballo académico no Conservatorio Superior de Música da Coruña dentro da especialidade de Jazz.