• 981141295
  • cmus.coruna@edu.xunta.es

Fernando Fraga

FERNANDO FRAGA TRABA

 

       Nace en Lires, Cee (A Coruña), onde inicia os seus estudios musicales aos 11 anos de idade. No ano 1987 trasládase a vivir a Madrid e realiza estudios de Acordeón, Piano e Composición no Real Conservatorio de Música desta cidade. No ano 1990 obtén, por oposición, a praza de profesor de Acordeón, exercendo docencia 4 anos en distintos conservatorios de Madrid ata que se traslada para o Conservatorio de Ourense no ano 1994, ao ano seguinte para o Conservatorio de Pontevedra e desde o curso 2005 imparte clases de acordeón no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Como intérprete realizou concertos coa orquestra sinfónica de Madrid nas óperas “Fedora” e “Wozzeck”, e en homenaxes aos compositores G. Deleure e Maurice Jarre, así como unha colaboración coa orquestra sinfónica de Galicia na obra “Tangos”. Durante cinco anos formou parte do grupo de música folk de Carlos Núñez.

Ten colaborado en concertos co Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) coas obras “Vexations” de E. Satie, 18 h. de música ininterrumpidas dende o Faro de Fisterra, e con “Lieder Eines Fahrenden Gesellen” de G. Mahler, na Cidade da Cultura en Santiago.

Tamén colaborou con grupos como Faltriqueira, Marful, Xabier Díaz e actualmente forma parte do grupo de Oscar Ibañéz e Tribo. Ten feito gravacións para discos de Carlos Núñez, Pancho Alvarez e Oscar Ibáñez.

 

No ano 2008, edita o libro-disco “A man lixeira… pezas para acordeón”, coa editorial DOS ACORDES, adaptando melodías tradicionais Galegas para o acordeón e acompañando o libro con un disco gravado polo autor.

Como compositor ten feita a música para varias obras de teatro da compañía “Talía Teatro” e sintonías para a emisora “Radio Nordés” da cadea Ser. A composición máis recente foi para a obra “Gaivotas Subterráneas”, compartindo a autoría co guitarrista e productor Carlos Calviño.

 

No ano 2014, publica o seu primeiro disco de Acordeón, “Folcromías”, que inclúe un repertorio variado, desde a música barroca ata a música tradicional Galega, pasando por tangos de A. Piazzolla e música orixinal escrita para bandoneón.