• 981141295
  • cmus.coruna@edu.xunta.es

Clara Groba

CLARA GROBA

Obtivo os títulos superiores de violoncelo e música de cámara nos conservatorios de Coruña e Oviedo. De entre os seus profesores destacan pola súa grande contribución e a quenes sempre lles estará agradecida, Lito Iglesias (Conservatorio Municipal – Barcelona) e Mats Lidström (Royal Academy – Londres).

 

Como solista interpretóu en numerosas ocasións o „Concerto Añoranzas para Cello e Orquestra‟ do compositor Rogelio Groba: Museo Reina Sofía- Madrid, Instituto Cervantes-Viena, Teatro Eduardo Rocha de La Plata, Teatro Metropolitan – Bos Aires, Merkin Concert Hall- Nova Iorque, Teatro Jovellanos- Xixón, Auditorio La Kutxa-Vitoria, Universidad-Barcelona, Sala Mozart Palacio de Congresos-Zaragoza, así como polos teatros das cinco cidades máis importantes de Holanda e grande parte da xeografía galega.

 

Como cello principal gañou por oposición este posto para a „Orquestra Municipal da Coruña‟ onde permaneceu 5 anos, colaborou coa „Westminster Symphony Orchestra‟ durante 2 anos de residencia en Londres e fundou e tocou durante 18 anos na “Orquestra de Cámara Galega” ata o ano 2013.

 

Como camerista formou parte de diversos tipos de agrupacións e actuou en España, Rusia, Estonia, Finlandia, Dinamarca, Holanda, Alemania, Francia e Portugal. Na actualidade está centrada en recitais de violonchelo e piano.

 

Da súa discografía destacan gravacións en directo para Radio Galega, RTVE Radio Clásica e YouTube. Gravou varios CDs con obras de R. Groba como  a Sonata Dialogos con piano,  Concerto nº2,  pezas e  tríos, así como obras de Helena Palma para cello só. Tamén gravóu as bandas sonoras para cello só do documental “Dous de vinte tantos” para TVG con música de Sergio Pena e da curtametraxe „Un Intre‟ de autoría propia („Premio -CinEOI Coruña Curtas 2012”).

 

Como docente, exerce a cátedra de violoncelo no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

 

 

*Contacto: claragroba@gmail.com