• 981141295
  • cmus.coruna@edu.xunta.es

Recursos

RECURSOS 


 

Con esta información pretendemos que os alumnos, especialmente os que se incorporan ao centro, teñan a maior información posible sobre recursos que este lles ofrece.

 

  • Conexión a Internet: Equipos no Hall de acceso.
  • Wifi na cafetería.
  • Fotocopiadora para uso de alumnos, con cartón recargable na Conserxería.
  • Estudos de ensaio. Solicítanse na Conserxería do centro (na medida do posible tamén se posibilitará o estudo en aulas).
  • Biblioteca con servizo de préstamo (ver horario na web).
  • Bolsas Erasmus. Posibilidade de acceder a Bolsas Erasmus en máis de 17 países e unha trintena de centros musicais europeos.
  • Concursos de Solista. Celébranse anualmente e dá dereito a tocar un concerto de solista coa Orquestra ou a Banda do centro, ca Banda Municipal de A Coruña ou ca Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.
  • Cafetería. Aberta todos os días (venres tarde pechada).
  • Páxina web : Nela atoparás todas as noticias do centro actualizadas, cursos, concertos, información académica, etc.